Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO DE CINE MESTRE MATEO LEVARÁ MAÑÁ AO PAZO A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A VIRXE ROXA"
As persoas que desexen asistir poden recoller de balde as entradas no despacho de billetes do Pazo da Cultura, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 27 de abril de 2022. O documental “A virxe roxa”, Mellor documental na vixésima edición dos XX Premios Mestre Mateo proxectarase mañá, día 28, no transcurso da segunda sesión do Ciclo de Cine Mestre Mateo que se desenvolve no Pazo da Cultura. A Academia Galega do Audiovisual, as catro deputacións galegas e a Secretaria Xeral de Emigración organizan a convocatoria, contando en Narón coa colaboración do Padroado da Cultura e do Cineblub Serie B. A sesión dará comezo ás 20.30 horas e a entrada é de balde, podendo recollela no despacho de billetes do Pazo da Cultura, tal e como recordou o edil de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo. O documental “A virxe roxa” conta a historia de Aurora Rodríguez, que no ano 1933 asasinou á súa filla, Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política, precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. Antonio Durán “Morris”, Nerea Barros e María Vázquez forman parte do elenco desta peza, dirixida a público adulto e dunha duración aproximada de algo máis de hora e media. O Ciclo de Cine Mestre Mateo comezou o pasado mes de marzo na cidade e consta dun total de oito proxeccións, unha por mes, co obxectivo de achegar o cinema galego á cidadanía en xeral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal