Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CHARLA ABERTA SOBRE "COMO RECLAMAR EMPREGANDO O ASISTENTE DE RECLAMACIÓNS DE CONSUMO" NA INICIATIVA VENRES DE CONSUMO RESPONDE
As persoas que desexen informarse deberán acceder á charla a través da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia
Narón, 28 de abril de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 12.30 horas e abordarase o tema de “Como reclamar empregando o Asistente de reclamacións de consumo”. Aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón entrará na aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal