Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 100.000 EUROS AOS TRABALLOS DE AMPLIACIÓN DO LOCAL SOCIAL DA PARROQUIA DE SAN MATEO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, visitaron a zona xunto con integrantes da entidade veciñal de San Mateo
Narón, 30 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse a San Mateo para comprobar xunto con representantes da AVV da parroquia o avance do proxecto de ampliación do local social. “Unha vez executada a actuación prevista, as veciñas e veciños disporán dun local con maior superficie, o que lles permitirá ao mesmo tempo mellorar a calidade das actividades que ofrecen e incluso a oferta das mesmas”, apuntou Ferreiro. A rexedora local destacou que a intervención suporá ao Concello un investimento de 100.488 euros, que se cofinanciarán con cargo ao POS+ Adicional 2/2020 da Deputación da Coruña. O local social de San Mateo está ubicado no Camiño da Xilfeira, nas inmediacións da pista polideportiva da citada parroquia. Cunha superficie de preto de 400 metros cadrados, unha vez executadas as obras en marcha as instalacións disporán de case 200 metros cadrados máis, nunha superficie de 28 metros de longo por sete de ancho. Sala multidisciplinar, dúas salas, almacéns e oficinas forman parte dos departamentos habilitados na construción actual. “A maiores da ampliación en si da construción, tamén se habilitará un novo acceso, que se sumará aos existentes actualmente polas caras este e sur, e tamén se dotará de iluminación e medidas contraincendios”, apuntou Ferreiro. A superficie que se gañará no local destinarase a usos administrativos e de baixa ocupación, tal e como consta no proxecto. “Deste xeito, liberaranse eses servizos e funcións da construción actual e poderase utilizar ese espazo para outros fins”, indicou. A materialización do proxecto de ampliación permitirá a maiores ampliar considerablemente o aforo máximo do local social de San Mateo. Así o avanzou a alcaldesa, que apuntou que pasará das 153 persoas actuais a 275 unha vez que rematen os traballos. “As veciñas e veciños de San Mateo disporán dun local social en mellores condicións e con moitas máis posiblidades dentro duns meses”, asegurou Ferreiro. Así mesmo, subliñou que “este investimento complementa a outros realizados tanto na zona urbana como na rural, e tamén algúns que están proxectados, para mellorar este tipo de instalacións municipais para uso e desfrute da veciñanza”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal