Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A DÉCIMO PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA
O edil de Sanidade, Santiago Galego, presentou esta mañá o evento no Consistorio
Narón, 2 de maio de 2022. O recinto feiral do Trece acollerá esta fin de semana, os días 6, 7 e 8 de maio, a décimo primeira edición da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, indicou que a apertura do recinto terá lugar este venres, día 6, ás 18 horas e que se poderá asistir tamén o sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, con entrada de balde. Este ano acudirán unha trintena de postos de venda de diferentes produtos. “Os visitantes poderán atopar á venda produtos ecolóxicos, artesáns, antigüidades, prantas ornamentais e da horta, artículos de coiro… e tamén de alimentación (conservas, queixos, embutidos….)”, tal e como avanzou o edil naronés. Unha parte desta feira estará adicada á maquinaria agrícola, de xardinería e forestal, tal e como apuntou Galego, explicando que “estarán representadas varias marcas internacionais do sector para presentar ás últimas novidades e tamén para realizar demostracións do seu funcionamento”. A convocatoria inclúe ademais actividades dirixidos a nenas e nenos, uns obradoiros sobre agricultura que terán lugar o sábado e o domingo, en horario de mañá e tarde. Habilitarase no recinto un espazo para desenvolver esta iniciativa, de balde para os menores e para a que non será precisa inscrición previa. As persoas que acudan recibirán unha rifa na entrada coa que poderán participar no sorteo de varios agasallos: árbores froiteiras, prantas, produtos da horta… que se realizarán en horario de mañá e de tarde o sábado e o domingo. Así mesmo, eses dous días, entre as 13.00 e as 14.00 horas haberá unha degustación de produtos da terra.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal