Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚAN HOXE EN PIÑEIROS E O XOVES EN DOSO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá as convocatorias, ás que acudirán outros representantes da corporación local
Narón, 3 de maio de 2022. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que esta tarde continuarán desenvolvéndose os Consellos Territoriais. Ás 19.00 horas dará comezo o convocado no local social da parroquia de Piñeiros, que presidirá a edil naronesa e ao que tamén acudirán outros representantes da corporación local. A vindeira cita desta semana será o xoves, día 5, en Doso, ás 18.00 horas no local social. As actividades programadas polas entidades para este ano e posibles vías de dinamización da participación cidadá son algunhas das temáticas que se abordarán nas xuntanzas, dunha hora e media aproximadamente de duración. Persoal técnico da Escola de Participación de Narón estará tamén presente nos Consellos Territoriais. Os Consellos Territoriais continuarán a vindeira semana, o día 10 en Xuvia, ás 18.00 horas e en Sedes o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais. Este mes levaranse tamén a cabo os de San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo; San Xiao, o 24; O Alto o 25 e na Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. Finalmente, en xuño terán lugar os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”. As persoas que desexen asistir aos Consellos Territoriais deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal