Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA UNS 120.000 EUROS ÁS OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE DA RÚA MARCIAL CALVO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, visitaron a zona donde se executan os traballos, entre o paseo de Xuvia e a rúa Foro
Narón, 5 de maio de 2022. O Concello iniciou as obras do proxecto de mellora de accesibilidade e reforma da rúa Marcial Calvo, en Xuvia. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance das obras, que suporán un investimento de 119.589 euros. “A actuación en marcha entre a zona do paseo de Xuvia e a rúa Foro, cambiará totalmente o deseño deste vial, que pasará a ter un único sentido de circulación na zona de conexión coa estrada de Castela, beirarrúas máis anchas e donde se suprimirán as rampas e desniveis que dificultaban o paso a persoas con mobilidade reducida”, explicou Ferreiro. Operarios da empresa adxudicataria traballaban hoxe na demolición das beirarrúas existentes e na execución das novas, cun ancho que garanta os actuais criterios de accesibilidade para a utilización de espazos públicos urbáns. “A maiores, tamén se aproveitará a actuación para instalar canalizacións soterradas de alumeado e renovar as redes de abastecemento e pluviais”, apuntou a rexedora local. Á demolición das beirarrúas existentes sumarase a sinalización das zonas de estacionamento –a ambos marxes da calzada e con dúas prazas para persoas con mobilidade reducida- o pintado das liñas externas do vial de circulación e a plantación de varias árbores distribuídas a ambas marxes. Así mesmo, procederase a recolocar os sumideiros e a pintar catro pasos de peatóns, un deles ubicado na parte superior do vial, no cruce coa rúa Foro, para dar continuidade ao itinerario peatonal. “Este proxecto materialízase sobre un vial de titularidade pública na súa maior parte, xa que se localizaban dúas franxas ao final de propiedade privada sobre as que tivemos que tramitar cos titulares das mesmas a súa cesión, aos que agradezo a boa dispoñibilidade”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa indicou que a previsión é que a finais deste mes estean rematados os traballos “que nos permiten seguir avanzando na mellora da accesibilidade no termo municipal, internvencións nas que continuaremos incidindo para facer un Narón cada día máis inclusivo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal