Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DA VI MOSTRA DA CAMELIA E DO 2º CONCURSO DE FLOR DE CAMELIA "CIDADE DE NARON"
Se celebra os días 20 e 21 de marzo no centro comercial e de ocio "Dolce Vita Odeón"
Narón, 12 de Marzo de 2010.- O Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón” acollerá os días 20 e 21 de marzo a VI Mostra da Camelia e o 2º concurso de camelia “Cidade de Narón”, organizados pola Asociación Galega da Camelia en colaboración co Concello de Narón. Os promotores do certame presentaron hoxe en rolda de prensa esta nova edición, da que ata o de agora hai xa confirmados 43 expositores. Por segundo ano consecutivo, a Mostra da Camelia inclúe o Concurso de flor de Camelia no que se entregarán sete premios correspondentes ás seguintes categorías: mellor camelia japónica, mellor camelia reticulata, mellor especie de camelia, mellor híbrido de camelia, mellor flor miniatura, mellor camelia olorosa, e mellor cultivador-expositor. Os participantes deberán colocar como mínimo tres flores por lote e o xurado valorará a homonoxeidade, tamaño, cor, estado de apertura e colocación. Os premiados recibirán unha escultura de cristal e esmalte, feita por unha artesá da comarca de Ferrolterra, cunha imaxe da camelia. Tanto o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, coma a concelleira de Feiras, Mª del Mar Gómez, felicitaron á Asociación Galega da Camelia –con sede na bisbarra- polo traballo de organización desta mostra e polo interese en dar a coñecer e difundir a flor da camelia. Ademáis, convidaron a tódolos veciños /as da bisbarra a visitar os días 20 e 21 de marzo a exposición. Xa no ano pasado, a organización contabilizou un total de 12.500 persoas durante os dous días que durou a mostra, cifra que este ano agárdase igualar ou incluso superar. O programa da Mostra contempla as seguintes actividades: Sábado, día 20 de marzo 10:00 horas.- Apertura e montaxe da Mostra. 13:00 horas.- Inicio da calificación dos lotes concursantes. 17:00 horas.- Inauguración oficial da Mostra e apertura ó público. Acto de entrega de premios. 17:30 horas.- Actuación da Rondalla Bohemios (Ferrol). 22:00 horas.- Peche da Mostra. Domingo, dia 21 de marzo 10:00 horas.- Apertura da Mostra. 20:00 horas.- Clausura e desmontaxe da Mostra. A participación na VI Mostra da Camelia é gratuita. As persoas que desexen inscribirse, poderán facelo nos seguintes teléfonos: 609 185 484 – 656 250 411, ou ben na dirección de correo electrónico: asociaciongalegadacamelia@hotmail.com O prazo de inscripción remata o dia 16 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal