Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS INFANTIL "FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, O POETA DE VALDEORRAS"
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a actividade se desenvolverá o vindeiro sábado, día 14, nas instalacións da Biblioteca municipal
Narón, 9 de maio de 2022. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a Biblioteca municipal abrirá mañá martes o prazo de inscrición para asistir ao contacontos infantil “Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras”. A actividade terá lugar este sábado, día 14, ás 11.00 horas nas citadas instalacións e tal e como recordou a edil naronesa, diríxese a nenas e nenos a partir de 3 anos. A compañía Trémola Teatro achegará aos participantes á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que este ano se adica o Día das Letras Galegas, que se conmemorará o vindeiro 17 de maio. Os menores realizarán de man da citada compañía unha viaxe por algúns do poemas do autor homenaxeado. As inscricións deben realizarse dende mañá ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173, tal e como avanzou Taibo, que animou ás familias da cidade a participar nesta convocatoria.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal