A PROPOSTA VENRES DE CONSUMO RESPONDE OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "COMERCIO ELECTRÓNICO"
A iniciativa está impulsada pola Escola Galega de Consumo, a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia
Narón, 19 de maio de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será mañá ás 12.30 horas e durante a mesma falarase sobre “Comercio electrónico”.
As persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia a través da ligazón habilitada para a mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer en “Únase dende o navegador”.