Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU ESTE MEDIODÍA NO "I ENCONTRO DE ALCALDESAS" CELEBRADO NA CORUÑA
Marián Ferreiro acudiu ao encontro convidada pola rexedora local da Coruña, Inés Rey
Narón, 19 de maio de 2022. A rexedora local da cidade, Marián Ferreiro, asistiu esta mañá ao “I Encontro de alcaldesas” organizado polo Concello da Coruña. A recepción institucional desenvolveuse ás 13.00 horas no salón de sesións do Pazo Municipal de María Pita, tal e como informou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, que convidou a Ferreiro ao acto. No Encontro de alcaldesas procedeuse á lectura da Declaración de María Pita, no Concello da Coruña, e posteriormente as asistentes posaron para unha fotografía de familia na Praza de María Pita. O programa desta convocatoria continuará pola tarde, ás 17.00 horas, cunha sesión plenaria sobre “A igualdade dende os concellos: desafíos e prioridades en tempos de reconstrucción”, no que participarán alcaldesas de diferentes cidades españolas (Sabadell, Castellón, Cartaxena, Barakaldo, e Alcorcón). Tras unha pausa, sobre as 18.15 horas, dará comezo o grupo de debate “Mulleres na toma de decisións. De Pekín 95 á Coruña 22”, que contará coas intervencións das rexedoras locais de Santa Coloma de Gramanet, Xixón, a presidenta da Deputación de Pontevedra, a secretaria Xeral de Igualdade, e a presidenta da Comisión de Igualdade. Ás 19.00 horas comezará un diálogo entre a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey e no peche, ás 19.30 horas impartirá un relatorio a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para pechar o acto a conselleira de Igualdade e Emprego, María Jesús Lorenzana; a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal