Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN PERMANECERÁ MAÑÁ INSTALADO NA ZONA DAS FESTAS DE SANTA RITA DE XUVIA
A edil de Igualdade, Mar Gómez, avanzou as datas e ubicacións nas que se instalará o Punto Violeta, coincidindo coa celebración de diferentes eventos na cidade
Narón, 20 de maio de 2022. A celebración, esta fin de semana, das festas Santa Rita de Xuvia, levará ao Concello a ubicar nas inmediacións da zona o Punto Violeta itinerante de Narón, debido á concentración de xente que se prevé que se rexistrará nese núcleo da cidade. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que as persoas que atenden o servizo estarán operativas dende as 22.00 ata as 02.00 horas. A edil recalcou que a finalidade deste servizo é “implicar á sociedade en xeral na loita contra a violencia machista e, ao mesmo tempo, ofrecerlle asesoramento e información en materia de prevención e atención ante posibles casos desta lacra social”. Gómez recordou que xa están pechadas outras datas para ubicar o Punto Violeta de Narón o día 28 de maio na rúa Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, de 22.00 a 02.00 horas; o 3 de xuño de 22.00 a 02.00 horas na zona do paseo de Xuvia, con motivo da Concentración moteira Cidade de Narón e o 5 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas na zona do Feirón de Santa Icía, na Solaina. O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género), tal e como recordou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal