Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AGA ORGANIZAN UN CURSO SOBRE APICULTURA ECOLÓXICA SOSTIBLE
A inscripción pode realizarse dende hoxe no Concello. O curso comenza o 24 de abril e rematará no outono deste ano
Narón, 25 de Marzo de 2010.- O Concelleiro de Medioambiente de Narón, Manuel Ramos, e o responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz, presentaron hoxe en rolda de prensa o curso de educación ambiental “Técnicas de apicultura ecolóxica sostible”, que se desenvolverá no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes) a partires do día 24 de abril e ata os meses de outubro ou novembro deste ano. Trátase dun curso de 60 horas de duración, repartidas entre 25 horas teóricas e 35 prácticas. Se desenvolverá as mañás dos sábados (de 10:30 a 12:30 as clases teóricas, e de 12:30 a 13:30 as prácticas, que se realizarán en diversas albarizas da bisbarra de Ferrolterra) e se apoiará con material divulgativo e audiovisual. O equipo técnico responsable da delegación de Ferrolterra de AGA será o encargado de impartir o curso, no que tamén se contará coa experiencia dun biólogo e dun veterinario, especialistas en apicultura. Pode inscribirse neste curso calqueira persoa interesada no mundo rural, en particular no das abellas, e terán prioridade as empadroadas no municipio de Narón. A inscripción se formulará mediante unha solicitude que haberá de presentarse no Rexistro Xeral do Concello a partires de hoxe e o prezo do curso é de 11,45 euros por persoa, existindo un máximo de 25 prazas. O programa teórico do curso contempla oito temas: os habitantes da colmea, a casa das abellas, o pastor das abellas, a polinización e flora de interese apícola, a multiplicación axeitada da alvariza, o control sanitario das abellas, os produtos da colmea, e a súa comercialización. Con este curso de Apicultura Ecolóxica Sostible preténdese dotar ós participantes dos coñecementos necesarios na apicultura natural, e que aprendan que as abellas son imprescindibles para que as árbores dean máis froitos e de mellor calidade. Tamén se demostrará que é posible e sinxelo manexar unha pequena alvariza de xeito ecolóxico, e que con dúas colmeas é suficiente para abastecer de mel a unha familia de varios membros durante todo o ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal