Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DO PADROADO DA CULTURA CONTINÚAN ESTE MES NO AUDITORIO E NO PAZO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animou á cidadanía a acudir a estas mostras, con entrada de balde
Narón, 25 de maio de 2022. As Escolas do Padroado da Cultura de Narón celebran estes días as mostras de finais de curso, no Auditorio municipal e no Pazo da Cultura no caso da Escola de Teatro de Narón, con acceso libre. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou “a traxectoria destas Escolas Culturais e a implicación do persoal docente e de todo o alumnado por convertilas nun referente dentro e fóra da nosa cidade”, ao tempo que animou á cidadanía a presenciar, de balde, as actuacións proxectadas nos vindeiros días. A Escola de Teatro de Narón ten programada para esta mesma tarde, a mostra de fin de curso do alumnado de primeiro, segundo e terceiro curso de Interpretación, ás 20.30 horas no Auditorio, na Praza de Galicia e o Pazo da Cultura acollerá a esa mesma hora o Festival de Fin de curso das Escolas de Música e Baile tradicional. A continuación, mañá terá lugar a Mostra do Obradoiro teatral infantil, no Auditorio, ás 16.30 horas e tamén a Mostra de Voz e Dicción (segundo e terceiro curso) ás 20.30 no Auditorio. As representacións programadas esta semana continuarán o venres ás 20.30 no Auditorio coa Mostra do Obradoiro teatral de Adultos do Alto e a esa mesma hora no Pazo co festival de fin de curso das Escolas de Música e de Baile tradicional. O domingo 29 ás 18.00 horas o Auditorio acollerá a Mostra dos Obradoiros Teatrais infantís e xuvenís. Finalmente, o luns 30 de maio ás 16.30 no Auditorio será a mostra do obradoiro teatral infantil e ás 20.30 a do obradoiro teatral de adultos Sedes, e o 31 de maio ás 20.30, na mesma ubicación, o espectáculo de Teatro musical do Practicum da Escola de Formación de Actrices e Actores. “Remata un curso no que o alumnado das Escolas Culturais do Padroado tivo tamén a oportunidade de participar en diferentes eventos organizados tanto dentro como fóra do concello, amosando parte do traballo realizado nestes meses, polo que os quero felicitar, ao alumnado e ao profesorado”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal