Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CEIP PONTE DE XUVIA JUAN ASISTIU Á ULTIMA XORNADA DESTE CURSO ESCOLAR DO PROGRAMA DIDÁCTICO "ESPAZO VIVO"
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a importancia deste programa para dar a coñecer as Escolas Culturais do Padroado e as instalacións do Pazo
Narón, 30 de maio de 2022. O Pazo da Cultura acolleu esta mañá a última das cinco visitas programadas no marco de “EsPazo Vivo”, organizadas a través do programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola e promovido en colaboración co Servizo Sociocomunitario Municipal. Esta mañá foi o turno de alumnado de quinto curso de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia, que estivo nas instalacións dende as 10.00 ata as 13.00 horas. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a importancia desta iniciativa, “a través da que os escolares e outros colectivos teñen a oportunidade de coñecer o funcionamento das Escolas Culturais do Padroado, cunha parte un pouco máis informativa e outra de carácter práctico, adaptadas en todo momento ás idades dos visitantes”. Visita ás aulas e ao Café Teatro, pequenas clases de instrumentos, baile, teatro… e o funcionamento dos equipos de iluminación do Pazo son algunhas das propostas de “EsPazo Vivo”, no que os estudantes tamén cubren un caderno con cuestións relacionadas con estas instalacións para ao final descubrir unha clave. Dende o pasado mes de abril participaron en “EsPazo Vivo” alumnas e alumnos de segundo da ESO do CPR Jorge Juan; alumnado do curso do Programa de Inclusión social de Mulleres; e escolares de primeiro e de segundo de Primaria do CPR Jorge Juan, tal e como recordou Ferreiro.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es