Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "INTERNET E AS SÚAS UTILIDADES SEGURAS" E "TELETRABALLO, REUNIÓNS EN LIÑA E CAPACITACI´NO ONLINE"
A edil responsable das áreas de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, apuntou que se desenvolverán no mes de xuño na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 31 de maio de 2022. A edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición en dous cursos que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia: “Internet e as súas utilidades seguras” e “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online”. As dúas convocatorias, indicou, realizaranse a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. Para cada unha destas accións formativas ofértanse un total de doce prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas no mesmo unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión. O curso de “Internet e as súas utilidades seguras”, consta dun total de 60 horas formativas, dende o 9 ao 30 de xuño e en horario de mañá, de 9.30 a 13.30. Os contidos serán sobre a seguridade, contrasinais, antivirus –tipos de virus, configuración e uso-, navegar en páxinas seguras, compras en páxinas seguras, correo electrónico seguro e seguridade en redes sociais. Para inscribirse é necesario facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38903. En canto á acción formativa sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online”, impartiranse 28 horas, do 21 ao 30 de xuño e neste caso en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña (teams, zoom e GoogleMeet), almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos online con Trello son os temas que se abordarán nesta convocatoria. As persoas interesadas en anotarse deben facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38902.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es