Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA O CURSO SOBRE "MÁRKETING DIXITAL EN INSTAGRAM E AS SÚAS POSIBILIDADES PARA O COMERCIO"
O Concello convoca este curso a través do Servizo de Normalización Lingüística, tal e como apuntou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 1 de xuño de 2022. As persoas vencelladas ao sector comercial da cidade que desexen realizar un curso sobre “Márketing dixital en Instagram e as súas posibilidades para o comercio”, dispoñen aínda dalgunhas vacantes para anotarse. O Concello organiza a convocatoria a través do Servizo de Normalización Lingüística e dentro do proxecto “Narón gaña co galego”. En total ofértanse vinte prazas e terán prioridade os establecementos adheridos á campaña municipal “Narón gaña co galego”. Para inscribirse, de balde, hai que dirixirse á dirección de correo electrónico: a.pita@naron.es, e indicar no correo o nome da persoa participante, o do comercio que xestiona ou atende, un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico de contacto. O curso terá unha duración de vinte horas, das que trece serán por videoconferencia, sete serán de carácter práctico e a hora restante de titoría individualizada para cada participante, tamén por videoconferencia. As sesións iniciaranse o vindeiro luns, 6 de xuño, e rematarán o 22 deste mes, programándose en horario de tarde, de 21.30 a 22.30, se ben se ofrece a maiores a posibilidade de descargar algunha sesión para visualizala posteriormente no caso de que non poidan asistir. Os contidos que se tratarán nas sesións son: os beneficios de Instagram como rede social para o noso comercio, casos de éxito próximos, pasos para crear e configurar o perfil de Instagram, tipos de publicacións, ferramentas e trucos para a edición de imaxe, campañas publicitarias, casos prácticos e a lingua galega no comercio. Un dos obxectivos deste curso é dar maior presenza e visibilidade aos comercios locais no mundo dixital para así poder incrementar as vendas e coñecer as vantaxes de usar o galego nas súas redes sociais. Os comercios da cidade que aínda non estean adheridos á iniciativa “Narón gaña co galego” e que desexen facelo poden informarse a través da web: www.naronengalego.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal