Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIO DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DA RÚA RIO XUVIA
Servirán para dar acceso ó tráfico rodado no entorno das Vivendas do Bispo
Narón, 7 de Abril 2010.- O Concello de Narón ven de iniciar a obra de pavimentación da rúa Rio Xuvia, por importe cercano ós 50.000 euros, co obxeto de abrir esta vía ó tráfico rodado, e conquerir así un acceso total dos vehículos ó entorno das Vivendas do Bispo, en A Gándara. A actuación proxectada reviste certa complexidade debido a que esta rúa é colindante coa vía de RENFE ó seu paso pola Gándara, o que provocou certos retrasos nas obras debido ós trámites que o Concello tivo que facer para conseguir os permisos necesarios. Non obstante, os traballos están xa en marcha e consistirán no desbroce e desmonte do firme da calzada, instalación da canalización de pluviais, execución dun muro de contención, execución de beirarrúas, pavimentación da calzada, e a correspondente sinalización horizontal e vertical. O vial sobre o que se actuará dispón de dúas manzanas que suman 70 metros de lonxitude, e se asegurará a circulación e ó mesmo tempo a separación dos peatóns e do tráfico coa vía de RENFE. A rúa se afirmará coa zahorra necesaria para conseguir a rasante, e se instalará unha nova beirarrúa de 1 metro de ancho no lateral das vivendas. A obra se completa coa colocación dunha barreira de protección, tanto de paso coma de ruído, de 2 metros de alto sobre o muro de contención. Esta obra realízase agora que xa están rematadas as obras complementarias do ramal da autopista AP-9 co paso subterráneo de A Gándara, e se priorizará a seguridade dos peatóns e vehículos que circulen polo lugar. O Concello tiña previsto tamén dar continuidade a este vial ata a súa saída ó Pazo da Cultura, aínda que esta actuación non depende da administración local senón dos constructores unha vez que desenvolvan urbanisticamente esta zona. Neste lugar tamén se mellorou o parque existente detrás das vivendas do Bispo, sustituíndo o mobiliario urbán, as especies arbóreas e os elementos de xogo infantil por outros en mellor estado. Ademáis, o Concello ten solicitado ó Ministerio de Fomento o uso dunha parcela situada frente á rúa Bispo Argalla, co fin de convertila nun aparcadoiro público no que poderían estacionar entre 20 e 30 vehículos. Estase á espera de obter unha resposta. Sobre as obras da rúa Rio Xuvia, o Alcalde de Narón declarou que se trata “dunha vella aspiración dos veciños da zona e tamén do Concello, que permitirá establecer un circuito de tráfico rodado ó redor das vivendas do Bispo, e mellorar o acceso para os peóns”. O rexedor engadiu que esta actuación inclúese “na política de mellora das urbanizacións dos diferentes barrios de Narón, que estamos levando a cabo dende o goberno municipal”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal