Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO PARA COMUNICAR AO CONCELLO A REALIZACIÓN DE FOGUEIRAS NA LOCALIDADE COINCIDINDO COAS FESTIVIDADES DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, avanzou as tres vías a través das que se poden realizar as comunicacións ao Concello ata o 21 de xuño
Narón, 8 de xuño de 2022. Os veciños e veciñas que vaian a realizar unha fogueira en Narón coincidindo coas festividades de San Xoán ou San Pedro deberán comunicalo ao Concello ata o vindeiro 21 de xuño. Os métodos para realizar esas comunicacións, tal e como indicou o edil de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, son: chamando ao número de teléfono 664 668 520 en horario de 10.00 a 13.00, de luns a venres a partir de mañá, ou cubrindo a instancia dispoñible na Sede Electrónica do Concello ou polo Rexistro municipal. Así se recolle nun bando asinado polo alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e que se publicitará tamén na web municipal e no Facebook do Concello. Para tramitar as comunicacións en espazos privados, é preciso facilitar o nome, apelidos, enderezo e DNI da persoa responsable da lumieira, así como a ubicación da mesma. No caso dos espazos públicos, hai que tramitar a solicitude a través da Sede Electrónica ou o Rexistro Xeral, aportando a documentación requerida (Modelo A-ALC -02). En canto ás medidas de seguridade que deberán cumprir están tamén situar a cacheira a unha distancia mínima de 30 metros das vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos e telecomunicacións ou zonas vexetais que poidan arder. Non poden superar os cinco metros de altura e tres de diámetro, non poderán estar situadas nas vías de acceso ou circulación, en caso de haber varias xuntas deben estar separadas un mínimo de 100 metros e non se permite a queima de residuos tóxicos nin perigosos –como pneumáticos, plásticos, aceites…-. Así mesmo, as fogueiras deberán estar vixiadas ata a súa total extinción e contar con medios para poder apagalas axeitados ás súas dimensións e en caso de vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da mesma deberán suspenderse ou apagarse de inmediato. A maiores, deben permanecer vixiadas ata a súa total extinción, que se deberá asegurar empapando os restos con auga. Desde o Concello recórdase que se poderán acender a partir das 20.00 horas, debendo extinguilas antes das 3.00 e a obrigatoriedade de garantir a limpeza de residuos ao día seguinte, así como a necesidade de alertar ao servizo de emerxencias do 112 ante calquera posible incidencia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal