Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "EL VIAJE DE CARLA" E UN COLOQUIO CON CARLA ANTONELLI
O acto terá lugar o 17 de xuño e contará coa participación da actriz e activista LGTBI Carla Antonelli
Narón, 9 de xuño de 2022. O Auditorio municipal acollerá a vindeira semana, o día 17, a proxección do documental “El viaje de Carla” e un coloquio posterior coa protagonista do mesmo, Carla Antonelli, recoñecida activista LGTBI. As edís de Benestar Social, Catalina García; Igualdade, Mar Gómez e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron a convocatoria xunto con Ana García e Pablo Zas, presidenta da asociación Alas Coruña e técnico do Observatorio coruñés contra a LGTBI fobia. A convocatoria, con acceso libre ata completar a capacidade do Auditorio, comezará ás 19.00 horas. Dende o Concello agradeceron a participación de Alas Coruña “para loitar co fin de acadar a integración e igualdade plena na sociedade dos diferentes colectivos LGTBI e a súa boa disposición para colaborar en actividades encamiñadas a ese fin. “Dende o goberno local continuaremos traballando coa entidade para dar máis visibilidade aos problemas cos que lamentablemente a día de hoxe aínda se atopa o colectivo LGTBI na sociedade, cun claro e preocupante retroceso no que respecta á súa integración plena”. Dende Alas Coruña a súa presidenta explicou que na cita do día 17 proxectarase o documental, que realiza un repaso pola vida de Carla, transexual que rompeu certas barreiras e teitos de cristal, actriz e exdiputada en Madrid, para posteriormente abrir un coloquio no que poderán participar todas as persoas que acudan. “Agradecemos a predisposición do Concello de Narón para traballar con nós e esperamos que outros concellos fagan o mesmo”, asegurou Ana García. Así mesmo, destacou que Carla Antonelli “é unha referencia para o colectivo ao que representamos e ten moito que dicir”. Finalmente subliñou que “Narón é unha cidade aberta á diversidade e iso supón unha alegría inmensa”. Dende o Concello e Alas Coruña animaron á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal