Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO "A VOAR" DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA CHEGARÁ ESTA SEMANA ÁS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha proposta enmarcada no proxecto Apego, de socialización de nenas e nenos en galego
Narón, 14 de xuño de 2022. O Concello impulsa esta semana unha nova actividade nas Escolas Infantís Municipais enmarcada no proxecto Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha visita de Cé Orquestra Pantasma aos citados centros, aos que levan o espectáculo musical “A voar”, baseado no disco-libro do mesmo nome. As nenas e nenos coñecerán a viaxe da pequena Xoana ao enérxico ritmo de Cé Orquestra Pantasma. A xoaniña, movida pola curiosidade e o desexo de voar emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará. “Con este espectáculo preténdese axudar aos menores a reivindicar a confianza precisa para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre”, tal e como indicou Taibo. A actividade levouse a cabo onte luns na Escola Infantil Municipal da Solaina, hoxe na da Gándara e mañá será o turno da de Piñeiros, nos tres casos ás 10.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal