Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA O IX TROFEO DE BAILE DEPORTIVO 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra o domingo 11 de abril no Pavillón da Gándara, e inclúe o III Campionato Galego de Bailes Latinos.
Narón, 8 de Abril de 2010.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o domingo 11 de abril o IX Trofeo de Baile Deportivo ‘Cidade de Narón’ e o III Campionato Galego de Bailes Latinos, dende as 12:30 ata as 22:00 horas. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Mocidade e Deportes, Natalia Hermida, presentaron hoxe o evento en rolda de prensa, acompañados pola responsable da Escola de Baile Tedaga –organizadora do evento-, Rosa Caneiro, e polo bailarín profesional e mestre de baile Román Romero. Ata o momento, tense inscritas un total de 130 parellas de baile no campionato galego, puntuable para o ranking nacional. Os bailaríns proceden de toda Galicia, Cataluña e Madrid. Haberá seis categorías en función das idades dos participantes, que irán pasando as diferentes fases ata chegar ós cuartos de final (os disputarán entre 12 e 24 parellas), as semifinais (12 parellas) e a final (6 parellas). Entre os participantes haberá numerosas parellas da Escola de Baile Tegada, que hoxe recibiu o recoñecemento público da edila de Mocidade e Deportes. “Queremos agradecerlles o traballo que están a facer todo o ano, con perto de 400 persoas de Narón e bisbarra. É un orgullo para o Concello poder contar con escolas como esta, que conecta de xeito especial coa xente nova e iso nos enorgullece”, declarou Natalia Hermida. Os horarios do evento serán os seguintes: -11:30 horas: apertura das taquillas do pavillón (prezo das entradas: 3€ para menores de 14 anos, e 6€ para maiores de 14) -12:30 a 16:30 horas: Trofeo de baile deportivo ‘Cidade de Narón’ -16:30 a 20:30 horas: Campionato Galego de bailes latinos -20:30 a 22:00 horas: Trofeo de baile deportivo ‘Cidade de Narón’

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es