Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CIDADE ACOLLE DENDE MAÑÁ A "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN" E A "FEIRA DO LIBRO E DA ARTESANÍA"
O edil de Feiras, Santiago Galego, animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias, nos dous casos con horario ininterrompido e entrada de balde
Narón, 16 de xuño de 2022. Esta fin de semana, dende mañá ata o domingo, desenvolveranse na cidade a “Feira do motor de Narón” e a “Feira do Libro e da Artesanía”. O edil de Feiras, Santiago Galego, recordou que se levarán a cabo no estacionamento de camións de Río do Pozo e no parque de Freixeiro, respectivamente, e con entrada de balde. A “Feira do Motor de Narón” poderase visitar os tres días entre as 10.00 e as 20.00 horas. Algo máis de douscentos vehículos dos concesionarios Antamotor, AutoGándara, Corgal Automóviles, Grupo Breogán, Grupo Caeiro, Manuel Rey, Priorauto e Tesla permanecerán expostos no recinto, donde tamén haberá outros na modalidade de compra-venda de Ártabra Autos e V.O. Ferrol. Vehículos novos, quilómetro cero, de ocasión, de segunda man, industriais, motocicletas e autocaravanas terán nalgúns casos descontos promocionais. No evento, que se inaugura mañá ás 11.00 horas, levaranse a cabo actividades complementarias, como unha sesión con música ambiental do DJ Juanky mañá de 18.00 a 20.00. Así mesmo, o sábado de 12.30 a 13.30 terá lugar o concerto en directo do irlandés Matthew Ward, que iniciou o seu proxecto musical en solitario e forma parte de tres grupos folk. Tamén o sábado e o domingo, de 17.00 a 20.00 horas estará operativo o Circuíto de karts do Concello de Narón, atendido polo equipo de Educación Viaria da cidade. Así mesmo, no parque de Freixeiro comezará mañá a “Feira do Libro e da Artesanía”, aberta ao público mañá e o sábado de 11.00 a 21.00 horas e o domingo dende as 11.00 ata as 20.30 horas. A Asociación de Libreiros de Ferrolterra e a Asociación Camiño da Artesanía colaboran neste evento organizado polo Concello e no que participarán seis librarías e unha vintena de postos de artesanía. Ao longo dos tres días, varios escritores asinarán os seus libros nas diferentes casetas, podendo consultar os horarios a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Feira-do-Libro-e-da-Artesania-Programacion.jpg. Antón Cortizas, Inés Vázquez, Francisco Narla, Antonio Seijas, Fátima Elías, Antía Yáñez, Amara Castro, Juan José Lada… pasarán polo citado espazo, que inaugurará oficialmente a escritora Paula Carballeira ás 12.00 horas. Nos postos de artesanía instalados no parque de Freixeiro poderanse ver produtos de punto, madeira, xoias, repostería, cosmética, textil, coiro… e a maiores levaranse a cabo os tres días obradoiros abertos á participación da cidadanía en xeral. O primeiro deles será mañá de 17.00 a 19.00 horas e será sobre amigurumi, para elaborar unha pulseira, e que se repetirá o domingo de 16.00 a 18.00 horas. O sábado serán os de cerámica, de 13.30 a 14.00 para confeccionar unha peza; macramé, de 16.00 a 18.00 para facer unha peza con esta técnica e finalmente o domingo haberá un de miyuki, de 11.00 a 13.00 para facer unha pulseira e outro de 16.00 a 18.00 de amigurumi. Dende o Concello animouse á veciñanza a acudir a estas convocatorias, con entrada de balde e horarios ininterrompidos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal