Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ADXUDICADAS AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE SEDES
A alcaldesa e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, destacou o investimento de 625.600 euros para ofrecer o servizo a unhas 75 vivendas da zona
Narón, 16 de xuño de 2022. O Consello de Administración da empresa Cosma adxudicou este mediodía as obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Sedes. A alcaldesa da cidade e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, apuntou que se destinará aos traballos unha partida de 625.601,85 euros, con cargo á que a empresa Construcciones González y González acometerá os traballos previstos. “O proxecto a materializar permitirá recoller os verquidos de tres núcleos de poboación da parroquia de Sedes, os de Salgueiral, Sabín e Barreiros e dando servizo a unhas 75 vivendas ao conectar coa rede xa operativa na estrada do Trece (a DP-5404)”, explicou Ferreiro. Con esa finalidade instalaranse un total de tres estacións de bombeo e preto de 2,5 quilómetros de colectores de saneamento. “O pasado mes de marzo aprobouse tamén nun Consello de Administración de Cosma a licitación deste proxecto e hoxe xa se adxudican os traballos, tras seguir o procedemento habilitado para este tipo de actuacións”, apuntou a rexedora local. Ferreiro destacou “os avances que nos últimos dous anos se levan realizado para ofrecer servizo de saneamento e abastecemento a varios núcleos da zona urbana e rural da cidade, cun investimento que en conxunto ronda os dous millóns de euros nese período”. Con cargo a esta partida global acometéronse actuacións nas zonas do Val-Outeiro, no Couto, no Alto do Castiñeiro, na zona de Ferrerías… tal e como recordou. “Somos conscientes de que queda traballo por facer pero tamén de que nos últimos anos se destinaron importantes partidas para incrementar a implantación deste tan necesario servizo na cidade, con investimentos que saíron únicamente das arcas municipais e de Cosma a falta de axudas doutras administracións para poder axilizar os traballos pendentes”, subliñou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal