Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE PIÑEIROS ACOLLERÁ O 2 E O 3 DE XULLO UNHA "FIN DE SEMANA CULTURAL E GASTRONÓMICA"
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou o programa xunto co presidente da AVV Piñeiros, Francisco José Pita, e outros dous representantes da entidade, José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez
Narón, 16 de xuño de 2022. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou hoxe xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, tesoureiro e vogal da citada entidade, o programa da “Fin de semana Cultural e Gastronómica” que se celebrará na citada parroquia os días 2 e 3 de xullo. A zona de estacionamento da igrexa parroquial de Piñeiros acollerá os actos previstos, que o día 2 inclúen o “VIII Encontro de Rondallas Concello de Narón”, a partir das 17.30 horas, e no que participarán as formacións Añoranzas, Rondalla Mugardesa, Só Elas e Lucero del Alba. A cita inclúe a maiores, ao remate do acto, unha sardiñada popular. Na xornada do 3 de xullo celebrarase o “XVI Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete”, que este ano dende as 11.30 horas contará coa actuación da banda de gaitas Marino Tapiega, de Asturias. Trala actuación dará comezo a “XIII Festa do churrasco”, cun menú a base de paella, churrasco, liscos, chourizo criollo, patacas, pan, bebida postre e café. A churrascada e o baile posterior estarán amenizados polo cantante Jorge Latino. Dende a AVV de Piñeiros o presidente avanzou que os tickets tanto para a sardiñada do sábado como para a churrascada do domingo estarán á venda o propio día do evento baixo a carpa que, con sillas, se habilitará para o apartado gastronómico. Así mesmo, Pita indicou que as persoas que desexen reservar mesa con anterioridade poden facelo chamando ao número de teléfono: 630 758 663. A concelleira de Festas e os representantes da entidade veciñal de Piñeiros amosaron a súa confianza en que a veciñanza acuda a estas celebracións, que se recuperan tras dous anos de pandemia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal