Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA CLASE MAXISTRAL DE CINE MUDO CON PIANISTA EN DIRECTO
Dar a coñecer o enxeño dos músicos e cineastas daquela época convertindo a Escola nun cinema dos anos 20 é o obxectivo básico a acadar
Narón, 27 de xuño de 2022. O Concello de Narón organiza a través da área de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, unha clase maxistral de cine mudo coa proxección dunha película de cinema mudo coa participación dun pianista en directo que terá lugar o día 13 de xullo na aula de ensaio da Casa da Mocidade na Gándara en horario de 20.00 a 22.00 horas, e de balde. Mauriz informou que os contidos versarán sobre a importancia da música no cinema cunha demostración de cómo se adaptaba esa música nos tempos de outrora, analizando ditos contidos coa proxección da película ´El Chico´, de Charles Chaplin. No relativo ás persoas destinatarias desta clase maxistral, terá preferencia a mocidade empadroada en Narón con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, cun total de 15 prazas dispoñibles que serán adxudicadas por sorteo. O edil de Mocidade incidiu en que o obxecto principal desta clase é converter a escola nun cinema dos anos 20 e dar a coñecer o enxeño dos músicos e cineastas daqueles tempos. O prazo de inscrición abrirá mañá 28 de xuño ás 8.30 horas e pecharase o día 11 de xullo ás 13.30 horas. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no Rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. Cando a solicitude se envíe mediante calquera outro medio, deberá comunicarse ao Servizo Sociocomunitario, dentro do día seguinte a rematar o prazo de solicitude, mediante o envío dun correo electrónico, ao enderezo: sociocomunitario@naron.es, achegando a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora da imposición do envío na oficina de Correos ou no organismo de presentación. As persoas interesadas poderán solicitar máis información no Servizo Sociocomunitario, primera pranta do Concello, e no teléfono 981 337 700 ext. 1108/1111.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal