Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS ÁS ALUMNAS DE TRES CURSOS DO PROGRAMA DE APOIO PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DAS MULLERES
Marián Ferreiro acudiu ao acto de clausura dos cursos xunto coa edil de Igualdade, Mar Gómez
Narón, 1 de xullo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, entregaron en Pedroso os diplomas ás alumnas de tres cursos do Programa de apoio para a inclusión social das mulleres do Concello de Narón, dirixidos a mulleres de Narón desempregadas de entre 18 e 65 anos e en situación de vulnerabilidade. Un total de 50 persoas participaron nesta convocatoria, encamiñada, tal e como indicou Ferreiro, “a promover a inserción laboral das mulleres, ao tempo que fomentar a súa autonomía persoal”. A alcaldesa felicitou a todas as alumnas destes cursos, que se impartiron de balde, e animounas a continuar formándose de cara a mellorar as opcións de acceso ao mercado laboral. “Volve a clase”, “Apodérate” e “Competencias para o emprego” son as tres formacións impartidas en varias quendas na Casa da Mocidade, nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e na Escola de San Mateo. As clases desenvolvéronse dous ou tres días á semana, en función do curso elixido, e en horario de mañá e de tarde, co fin de ofrecer maiores opcións ao alumnado para que puidese acudir ás mesmas. Nas sesións de “Volve a clase” as alumnas abordaron contidos vencellados á alfabetización, preparación de probas de acceso a ciclos e ESA, ensinanza de español e galego para inmigrantes e tamén preparación das probas de Competencias clave niveis 2 e 3. En canto ás sesións de “Apodérate”, as alumnas tiveron a oportunidade de adquirir destrezas en varios eidos: persoal, sanitario, educativo, de lecer… e as de “Competencias para o emprego” trataron contidos como o autocoñecemento, o empoderamento, obxectivos profesionais, técnicas de busca de emprego, autoemprego e novas tecnoloxías, entre outros. “Ogallá estes cursos supoñan para todas vós novas oportunidades no mundo laboral, que é un dos obxectivos principais polos que os convocamos, para que esteades en igualdade de oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral e acadar a plena integración social”, asegurou Ferreiro durante a clausura dos cursos, que culminou cunha comida de confraternidade en Pedroso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal