Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTRICIÓNS TEMPORAIS DE TRÁFICO ESTE DOMINGO EN PEDROSO CON MOTIVO DA "I BTT RESISTENCIA CIDADE DE NARÓN"
O Concello e o Club Ciclista Narón organizan a primeira edición deste evento en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo
Narón, 1 de xullo de 2022. A cidade acollerá este domingo, día 3, a celebración da “I BTT Resistencia Cidade de Narón”, organizada polo Concello en colaboración co Club Ciclista Narón e a Federación Galega de Ciclismo. Na convocatoria, tal e como avanzou o concelleiro de Deportes, José Oreona, participarán preto de duascentas persoas. A celebración da proba implicará o corte da estrada de baixada á área recreativa de Pedroso dende as 10.00 ata as 13.00 horas, aproximadamente, tal e como se informou dende o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón. Dende o Speis xa informaron da medida aos veciños da zona, que terán acceso ás súas vivendas. O evento deportivo consiste nun percorrido circular duns oito quilómetros, con saída e meta nas inmediacións do local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, ás 10.00 horas. A proba levarase a cabo durante tres horas por pistas forestais e sendeiros da citada parroquia naronesa e os participantes deberán realizar nun tempo preestablecido de tres horas o máximo número de voltas posibles ao circuíto. Dende o Concello de Narón solicitan de antemán desculpas a todas as persoas afectadas por esta restrición temporal, precisa para poder desenvolver con seguridade este evento deportivo na cidade.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es