Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BANDA MUSICAL MOMBOI E MAGÍN BLANCO INAUGURARON HOXE EN XUVIA A SEXTA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
O Concello impulsa este programa, que se levará a cabo os vindeiros tres domingos de xullo, a través do Padroado da Cultura
Narón, 3 de xullo de 2022. A praza Irmáns Freire, en Xuvia, acolleu hoxe os dous primeiros espectáculos do programa municipal “Verde que te quero verde”. A banda musical Momboi e Magín Blanco protagonizaron as dúas primeiras propostas deste ano dunha iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón e dirixida a público familiar. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local naronesa achegáronse ata Xuvia para presenciar as actuacións musicais, que deron comezo ás 12.30 horas e con entrada de balde. O público infantil desfrutou coa proposta de Magín Blanco, referente da música en Galicia, mentres que a banda musical Momboi interpretou varios temas pop e de ritmos latinos. Numeroso público acudiu a esta primeira convocatoria, que terá continuidade os vindeiros tres domingos deste mes de xullo noutros espazos verdes da cidade. O vindeiro domingo, día 10, terá lugar na rúa 25 de Xullo, no Alto, a segunda xornada de “Verde que te quero verde”, nesa ocasión protagonizada pola formación Caldo, que presentará en Narón o seu novo disco, e Pitusa Semifusa, a proposta musical de Olga Brañas con ritmos nos que a acompañará a voz da naronesa Andrea Picos. O programa continuará o 17 de xullo na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, coas actuacións da banda de Sabela King, que interpretará temas do seu novo proxecto de música familiar, Martiña Soñadora, e da galega Catuxa Salom, que achegará a música galega ao público que acuda á cita. A última proposta será o 24 de xullo na rúa Mariña Española, donde se poderá desfrutar do swing e o soul xamaicano de Xoubas e tamén do concerto de música infantil de Pablo Díaz.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal