Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 250 PERSOAS ACUDIRON HOXE Á CITA GASTRONÓMICA DA ALTEADA EN XUVIA
Os comensais degustaron un menú a base de ameixa rubia e churrasco e desfrutaron dun variado programa musical, xogos e a festa da escuma
Narón, 3 de xullo de 2022. A parroquia de Xuvia acolleu hoxe unha nova edición da Alteada, na que se conmemorou a cuarta edición da Festa da ameixa rubia. O Concello e a AVV Altea, da citada parroquia naronesa, organizaron a convocatoria, que incluíu un completo programa de actividades e actuacións musicais dirixidas a públicos de todas as idades. A entidade veciñal esgotou a finais desta semana os 250 tickets que puxo á venda para poder degustar o menú que se serviu a mediodía baixo unha carpa ubicada na zona do paseo marítimo de Xuvia. Ás 13.00 horas iniciouse a sesión vermú, a cargo dun dúo que animou o inicio da xornada previa á degustación gastronómica. Ás 15.00 horas comezou a servirse o menú, cun primeiro plato de ameixas e churrasco de segundo –cun menú tamén infantil, de balde para menores de 12 anos- e que continuou con bola de sobremesa e bebidas. A festa continúa pola tarde, dende as 17.00 horas, cunha nova actuación musical baixo a carpa e previamente, ás 16.00, deu comezo unha sesión de xogos tradicionais, dirixida a menores e tamén a público adulto. A programación inclúe a partir das 18.00 horas unha actuación do músico Paco Nogueiras, para público infantil e a última hora da tarde, ás 19.00 horas, terá lugar a Festa da Escuma. O Concello e a AVV Altea organizaron un ano máis esta convocatoria festiva co fin de exaltar un dos produtos típicos da ría, a ameixa rubia, cocinándose para a ocasión un total de cen quilos.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es