Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE CELEBRARÁ DUAS VECES Ó MES UNHA FEIRA DE GANDO
Será os días 13 e o último domingo de cada mes, coincidindo co tradicional Feirón.
Narón, 20 de Abril de 2010.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida por Mª del Mar Gómez, ven de obter autorización para celebrar unha feira de gando o último domingo de cada mes no recinto Feiral do Trece, coincidindo coa celebración do tradicional Feirón neste lugar. O permiso foi concedido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Deste xeito os días de feira no Recinto Feiral do Trece quedan establecidos en dous mensuais, os días 13 e o último domingo de cada mes. Dende o Concello de Narón agradécese a colaboración de Protección Civil, quen se encargará de comprobar que o gando que acceda á Feira para a súa venda teña a documentación correspondente. Tamén haberá un Servizo de Veterinarios Oficiais que realizarán os pertinentes controis de sanidade. Por outra banda, a Concellería de Feiras e Mercados celebrará alomenos outras tres feiras no Recinto do Trece, que foi reformado recentemente. A primeira delas será Equinarón 2010, unha feira monográfica sobre o cabalo que se desenvolverá o día 30 de maio. Tamén está prevista a organización da 1ª Feira da Construcción Bioclimática e das Enerxías Limpas, os días 26 e 27 de xuño, e a IX Feira do Mel e Productos Ecolóxicos, esta última no mes de outubro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal