Cerca de 60 alumn@s concluíron con éxito os cinco seminarios realizados no 2º semestre do ano pasado.
Narón, 22 de Abril de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregaron hoxe os diplomas ós 59 alumnos/as que remataron con éxito os cinco cursos de Formación e Inserción Profesional (plan AFD, antes coñecido coma plan FIP) financiados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Os seminarios desenvolvéronse no segundo semestre do ano 2009. O acto de entrega de diplomas tivo lugar hoxe na Biblioteca Municipal do Alto, e os cursos nos que participaron os alumnos/as son os seguintes:
-Instalador de sistemas de enerxía solar térmica (de 365 horas de duración, 13 alumn@s con diploma). O obxectivo xeral do curso foi capacitar ós alumnos para realizar instalacións de electrificación mediante enerxía solar e o seu mantemento. Do total de horas, 200 adicáronse ás novas tecnoloxías relacionadas con esta materia.
-Coidador de discapacitados físicos e psíquicos ( de 235 horas de duración, 13 alumn@s con diploma). O obxectivo deste curso foi a capacitación do alumnado para realizar dun xeito autónomo e responsable as distintas funcións que un coidador/a de persoas con discapacidade física ou psíquica debe coñecer.
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio (de 635 horas de duración, 15 alumn@s con diploma). O obxectivo foi o de prestar servizos de atención persoal, de alimentación, hixiénico-sanitarios, de limpeza de domicilio e de acompañamento de persoas con valoración de incapacidade, dependencia e plans de coidados efectuados por equipos profesionais de servizos sociais.
-Actividades de venta (de 625 horas de duración, 9 alumn@s con diploma). O obxectivo foi capacitar ó alumnado no dominio das técnicas e actitudes que permitan vender produtos que precisan un coñecemento técnico, visitando e/ou atendendo ao cliente, orientándoo e asesorándoo, e pechando a operación; así como colaborar na política comercial da empresa.
-Operacións auxiliares de fabricación mecánica (de 289 horas de duración, 9 alumn@s con diploma). O obxectivo do curso foi a realización de operacións básicas de fabricación, así como alimentar e asistir nos procesos automatizados de mecanizado, con criterios de calidade, seguridade e respeto polo medio.
Os cinco seminarios incluíron un módulo de Igualdade e outro de Novas Tecnoloxías, debido a que “ambas materias son fundamentais na sociedade na que vivimos”, declarou a Concelleira de Formación Laboral e Emprego. Tanto Paloma González Cuevas coma o Alcalde de Narón ofrecérolle os servizos públicos municipais (especialmente o Servizo de Orientación Laboral, e o Servizo Sociocomunitario) ós alumnos/as que finalizaron estos cursos, coma un paso máis na súa búsqueda de emprego. “Deséxovos que teñades sorte á hora de encontrar un traballo porque aínda que é moi difícil na actualidade, non o é tanto se a xente está preparada coma o estades vos agora”, asentíu Jose Manuel Blanco.