Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A CLASURA DO 21º CERTAME INTERCENTROS DE NARÓN
A organización do concurso recaerá o vindeiro ano no CEIP
Narón, 14 de Maio de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón acolleu esta mañá o acto de clausura da 21ª edición do Certame Intercentros, promovido para homenaxear a festividade das Letras Galegas e que contou coa participación dos seguintes centros educativos de Narón: CEIP A Solaina, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, CEIP Ponte de Xuvia, CRA de Narón, CEIP Virxe do Mar, CPI do Feal, IES As Telleiras, e IES Terra de Trasancos. O Certame Intercentros é organizado cada ano por un colexio distinto, sendo o CEIP de Piñeiros o encargado desta edición. No 2011 tocaralle o turno ó CEIP de A Solaina, tal e como se anunciou hoxe durante a clausura do concurso. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, agradeceu a tódolos rapaces e rapazas a súa participación nesta iniciativa, e declarou que resulta “de enorme valor para o Concello de Narón, xa que levamos 21 anos consecutivos traballando cos centros de ensino, profesores e alumnos/as a través do Certame Intercentros”. O rexedor tamén fixo un chamamento público para que entre todos “logremos que as Letras Galegas, o noso idioma e a nosa cultura continúen estando en primeira liña e sigan sendo preferentes para todos nos”. A relación de premios entregados e alumnos/as premiados é a seguinte: -En Narrativa, na categoría de 1º e 2º de ESO: premio para os irmáns Filgueira Martínez (alumnos de 1º de ESO do IES As Telleiras) pola súa obra “O sacho dourado”. Na categoría de 3º e 4º de ESO: premio para Sara Martínez Santalla (alumna de 4º de ESO do IES As Telleiras), pola obra “Mascarada en Venecia”. -En Poesía: na categoría de 1º e 2º de ESO: premio para Sara Seijo Alvariño e Ibona Nokonieczna (alumnas de 1º de ESO do CPI do Feal) pola obra “O meu lar”. Na categoría de 3º e 4º de ESO: premio para Ezequiel Galdo Montero (alumno de 4º de ESO do CPI O Feal) pola obra “E Eu quedo só”. Na categoría de Bacharelato e Ciclos: premio para Rocío Arias Cailleau (2º de bacharelato do IES As Telleiras) pola obra “Oda ao charrasco”. -En Cómic, na categoría de 1º e 2º de ESO: premio para Alejandro Ramil Carrera (alumno de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos) pola obra “Aventura Submarina”. -En Teatro Escrito, na categoría de 1º e 2º de ESO: premio para Noelia Mouriz Piñón (alumna de 2º de ESO do IES As Telleiras) pola obra “A Piruleta máxica”. Na categoría de 3º e 4º de ESO: premio para Alejandro Fernández Pérez e Silvia Figueira Luaces (alumnos de 4º de ESO do IES As Telleiras) pola súa obra “Loita de titáns”. -Na modalidade de reportaxe radiofónica: premio para Oscar Martínez Montero (2º de Bacharelato do IES As Telleiras) polo traballo “A irmandiña, unha campiona de España”. Na modalidade de reportaxe xornalística: premio para Lucia Piñeiro Rego (do IES As Telleiras) polo traballo “A anorexia”. O xurado entregou ademáis premios e diplomas de participación a tódolos colexios e institutos. Ademáis, foi premiado o cartel anunciador das Letras Galegas 2010 que este ano gañou a alumna Aroa Picos León, de 6º de Educación Primaria do CEIP de Piñeiros. Tamén foron entregados 4 accesits nas categorías de poesía e comic. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, encargouse de entregar o premio solidario para o alumnado de LenÇois-Bahía (Brasil) pola súa participación neste Certame, dando a coñecer a súa realidade social e cultural. A presidenta da ONG Lena, Mercedes Taibo, foi a encargada de recoller o galardón. O certame contou coa participación do Mago Dani García, formado na Escola de Teatro de Narón, quen ilusionou ós nenos e nenas co seu espectáculo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal