Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DE NARÓN RECIBIRÁN CLASES DE GOLF NO CLUBE CAMPOMAR, EN O VAL
O Concello colabora sufragando os gastos de desprazamento dos alumnos ó Campo de Golf.
Narón, 21 de Maio de 2010.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de informar do inicio do programa de deporte escolar que nesta ocasión céntrase na práctica do Golf, nas instalacións do Clube de Golf Campomar (O Val). Está prevista a participación de escolares de Educación Primaria (de 7 a 12 anos de idade) dos seguintes centros educativos de Narón: Colexio Jorge Juan, CEIP Piñeiros, CEIP Virxe do Mar, CPI do Feal, e Colexio Santiago Apóstol. En total asistirán 367 alumnos/as, que se desprazarán ata o campo de golf do Val en autobús. O Concello corre cos gastos de financiamento do transporte, estimados en 1.385 euros. O calendario e a relación de alumnos que acudirán por cada centro é a seguinte: Jorge Juan: 58 alumnos (acudirán os días 27 de maio, e 10 de xuño) Virxe do Mar: 12 alumnos (25 de maio) Santiago Apóstol: 83 alumnos (dias 1, 3, 4 e 8 de xuño) Piñeiros: 25 alumnos (11 de xuño) Feal: 189 alumnos (27 de maio, e 3, 4, 8 e 11 de xuño) Os primeiros en recibir as clases de Golf serán os estudiantes do colexio Virxe do Mar, o vindeiro martes 25 de maio. A Concelleira de Deportes de Narón asegurou que o programa de deporte escolar é “un paso máis do Concello na promoción e o fomento dos hábitos de vida saudables. Iniciativas coma ésta son especialmente importantes para nos, porque queremos ofrecer tódolos recursos posibles ás xeracións en idade escolar”, salientou Natalia Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal