Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICÍA LOCAL DE NARÓN CELEBRA HOXE O SEU 50º ANIVERSARIO
A primeira prantilla de axentes foi creada o 28 de xullo do 1960 con dous policías.
Narón, 24 de Maio de 2010.- O Museo da Policía Local de Narón (situado no 1º andar da Nave de Servizos do Concello, na estrada de Cedeira) acolleu hoxe o acto de celebración do 50º aniversario da creación deste corpo local de seguridade, fundado o 28 de xullo do 1960 con dous axentes: Segundo Fortúnez e Rodrigo Beceiro. Ambos recibiron hoxe un sentido homenaxe por parte da plantilla da Policía Local, que actualmente ascende a 36 axentes. No acto déronse cita o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Intendente-Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín, o Inspector da Policía Local, Jaime Prieto, e representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado. Entre os invitados estiveron o Comisario da Policía Nacional, Simón Enrique Sabaríz, o Coronel de Infantería de Marina, Juan Angel López Díaz, o Campitán da Guarcia Civil, Jose Luis Ruanova, e xefes das Policías Locais da bisbarra de Ferrolterra. Tamén participou no acto, coa súa presenza, o xuiz decano de Ferrol, Alejandro Morán, e representantes da Corporación Local de Narón. O acto abríuse cunhas verbas do xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, quen lembrou os inicios deste corpo e as tarefas que tiñan asignadas coma a de trasladar ós feridos en accidentes ata os hospitais, o a de percorrer as parroquias de Narón para tramitar o DNI ós veciños. “Hoxe en día temos evolucionado e a prantilla da Policía Local está estructurada en áreas, adicándose ó coidado do medioambiente, á educación vial, ó control do tráfico, e a moitas outras cuestións. Intentamos mellorar a calidade de vida dos cidadáns incrementando os pasos de peóns, sinalizando novas prazas de estacionamento para minusválidos e facendo vías dun único sentido de circulación”, declarou. O Alcalde de Narón pechou o acto declarando que “ninguén pode sustituir o servizo público que fai a Policía Local e o resto de forzas e corpos de seguridade do Estado, porque resultan fundamentais. En Narón temos avanzado moito coa nosa Policía Local, pero queda moito camino por percorrer aínda e temos que adaptarnos ós novos tempos e seguir mellorando”, sinalou Jose Manuel Blanco, para concluir agradecendo a labor voluntaria e altruista dos membros de Protección Civil de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal