Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO 8º ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE
Célebrase o sábado 5 de xuño na Casa da Mocidade e o seu entorno, durante toda a xornada.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe o 8º Encontro Local da Mocidade “Enlomo” que se celebrará o sábado 5 de xuño en horario de 10 a 21 horas. Tódalas actividades programadas se desenvolverán na Casa da Mocidade (A Gándara) e nas súas proximidades (no aparcamento e no skatepark). A relación de actividades previstas para esta xornada é a seguinte: graffitis, patinaxe, videoxogos, e warhammer (única actividade para a cal é necesario inscribirse previamente). Ademáis, haberá obradoiros de tiro con arco, tatuaxes e té saharaui, técnicas de ligue, tenis de mesa, e camisetas. Serán impartidos por asociacións e entidades de Narón. Tamén se instalará un stand informativo sobre sexualidade na que os rapaces e rapazas poderán recibir información. O Encontro de Mocidade rematará coas actuacións musicais dos grupos “Gathening Leopard” e “Wall of Deaht” da Escola de Música Moderna, no exterior da Casa da Mocidade. Está prevista a participación de 300 xóvenes de Narón neste encontro, segundo informou a Concelleira de Mocidade. Natalia Hermida explicou que o Encontro da Mocidade está pensado para “compartir unha xornada de convivencia entre diferentes grupos de xóvenes e que de ahí poidan xurdir actividades, interese e asociacións conxuntas”, declarou.
Descarga de archivos
ACTIVIDADES ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE
Tamaño:67,32 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal