Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO UN CURSO GRATUITO SOBRE PLANES DE EMPRESA E MICROCRÉDITOS
O Concello e a Obra Social de Caixa Galicia promoven este seminario, que se celebra en Narón do 28 ó 30 de xuño.
Narón, 16 de xuño de 2010.- A Obra Social Caixa Galicia e o Concello de Narón ofrecen o curso gratuíto “Como elaborar un plan de empresa”, con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido a persoas cunha idea de negocio ou que estean valorando a posibilidade de iniciar unha actividade de autoemprego e queiran valorar a súa viabilidade. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou o seminario acompañado polo director territorial de Caixa Galicia, Marcos Vidal, e a responsable da Obra Social de Caixa Galicia, Sabela Couceiro. O curso realizarase no Centro Municipal de Formación "Irmás Froilaz" no Polígono da Gándara, av. do Mar, parcela 112, os días 28, 29 e 30 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas (duración: 15 horas), e o 01 de xullo proporcionaranse titorías individuais de asesoramento a cada participante. As inscricións poden realizarse ata o 24 de xuño no Rexistro do Concello, en horario de 8:30 a 13:00 h. Pode obterse máis información na oficina da técnica municipal de Emprego, teléfono 981 337700, extensión 1123; en Obra Social Caixa Galicia, teléfono 981 186 510, ou no seguinte enderezo electrónico http://microcreditos.caixagalicia.es. O curso, ademais da formación, proporciona atención personalizada a cada participante para axudalo a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego e facilita unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a súa viabilidade económica e financeira. Este apoio compleméntase cunha titoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao finalizar o curso. As persoas que finalicen o seu plan de empresa con resultado viable, queiran poñelo en marcha e necesiten financiamento, poderán solicitar un microcrédito Caixa Galicia. Os microcréditos Caixa Galicia están dirixidos a persoas sen acceso ao financiamento bancario convencional por insuficiencia de garantías ou de avais. Pódese solicitar un importe máximo de 25.000 €, a un tipo de xuro do 4% fixo e 5 anos de prazo con ata 6 meses de carencia opcionais. Este curso desenvólvese no marco do Programa de Fomento do Emprego Autónomo e Microcréditos de Obra Social Caixa Galicia e ten como obxectivo fomentar a actividade produtiva e a xeración de emprego, especialmente nunha conxuntura de crise como a actual. No ano 2009, Obra Social Caixa Galicia proporcionou formación a 90 persoas emprendedoras, e máis de 50 elaboraron o seu plan de empresa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal