Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A I FEIRA DAS ENERXIAS LIMPAS E A CONSTRUCCIÓN BIOCLIMÁTICA
Se celebrará os días 26 e 27 de xuño, con entrada de balde, no Recinto Feiral do Trece (Sedes).
Narón, 17 de Xuño de 2010.- O recinto feiral do Trece, en Sedes, acollerá os días 26 e 27 de xuño a primeira Feira das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática, organizada polas Concellerías de Feiras e Mercados, e Medioambiente de Narón respectivamente. Os seus titulares, Mª del Mar Gómez e Manuel Ramos, presentaron hoxe o evento en rolda de prensa, acompañados por Alberto Casal, xerente da empresa organizadora. Esta feira está dirixida principalmente a empresas instaladoras, consultorías especializadas, asociacións, fundacións, estudos de arquitectura e deseño de construción bioclimática, fabricantes de produtos de construción bioclimática, de sistemas de captación de enerxías limpas, e empresas de automoción con productos propulsados por enerxías limpas. Ata o de agora, está confirmada a participación de 12 expositores, tres dos cales son da comarca de Ferrolterra. A Feira das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática asentarase nunha superficie total de case 2.000 metros cadrados, contando o espazo interior da Feira onde se instalarán os postos expositivos, e o recinto exterior onde de ubicarán os diferentes productos coma vehículos, motocicletas e bicicletas eléctricas ou electrodomésticos que funcionan con enerxía solar. A Concelleira de Feiras e Mercados declarou que con esta Feira “Narón segue traballando na organización de feiras e eventos novos, que poidan atraer á maior cantidade de xente posible”, dixo Mª del Mar Gómez. Segundo datos da organización, esta Feira contará con un número aproximado de 2.000 visitantes. Pola súa parte, o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, explicou que os obxectivos desta feira son dous: “queremos promocionar as instalacións da Feira do Trece, pero tamén fomentar o uso das enerxías limpas”, asegurou. O horario desta Feira, con entrada de balde, será o sábado e o domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Haberá diferentes actividades entorno á mesma, como unha mostra didáctica nunha carpa audiovisual, e mostras de productos e empresas tecnolóxicas e construcción bioclimática. Tamén se realizarán diferentes comidas con cociñas de enerxía solar, e un curso de condución eficiente.
Descarga de archivos
CARTEL DA FEIRA
Tamaño:0,00 Bytes

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal