Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MAIS DE 1.000 PERSOAS DÉRONSE CITA NO ENCONTRO DE MAIORES EN PEDROSO
Tivo lugar o sábado 19 de xuño na área recreativa, con actividades durante toda a xornada.
Narón, 21 de Xuño de 2010.- . O Concello de Narón desenvolveu o pasado sábado 19 de xuño unha nova edición do tradicional Encontro de Persoas Maiores na área recreativa de Pedroso, con motivo da clausura do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores, desenvolvido ó longo do ano en colaboración co movemento asociativo de Narón. Alí déronse cita máis de 1.000 persoas, que disfrutaron dunha xornada chea de actividades. Este programa ten un doble obxectivo, segundo explicou a Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, durante a presentación do mesmo en rolda de prensa. “Queremos que os maiores fagan actividades e que se relacionen entre eles, porque iso redunda nunha mellora da súa calidade de vida”, declarou. O Encontro de Maiores está dirixido a persoas de máis de 60 anos de idade, empadroadas no Concello. Está pensado coma unha convivencia de persoas maiores arredor dun programa de actos que se desenvolve ó longo da xornada, e que inclúe actividades gastronómicas, unha exposición de traballos e de actividades feitas ó longo do curso, actuacións artístico-expresivas, xogos populares tradicionais, baile e actos protocolarios. O programa de actos foi o seguinte: 10:00 h.- Chegada de participantes 10:30 h.- Demostración de actividades: aulas abertas de ioga, ximnasia e bailes de animación. 12:30 h.- Actuacións das cantareiras. 12:45 h.- Actuacións da Coral do Grupo de Maiores. 13:45 h.- Actuación do Grupo de Cancións de Animación. 13:30 h.- Clausura dos actos e acto de benvida a cargo do Alcalde de Narón. 14:00 h.- Xantar. 17:00 h.- Baile. 20:30 h.- Fin do encontro e regreso. Ademáis destas actividades, durante toda a xornada houbp obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesanía e circuítos saudables. A Concelleira de Maiores agradeceu a implicación e o apoio constante do movemento asociativo (asociacións de maiores e asociacións de veciños) de Narón na organización deste encontro. Pola súa parte, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, dirixíuse ós asistentes para felicitalos por participar nesta xornada, e reiterou o apoio firme e decidido do Concello de Narón polas persoas de idade avanzada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal