Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE TEATRO DE MAIORES ESTREA A OBRA "OS PINTORES NON TEÑEN RECORDOS"
A representación terá lugar o sábado 3 de xullo ás 20:30 no Auditorio da Praza de Galicia, con entrada de balde.
Narón, 2 de Xullo de 2010.- A Concellería de Maiores de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, e o grupo de Teatro Municipal de Maiores, presentaron hoxe en rolda de prensa a obra “Os pintores non teñen recordos” que se estreará o sábado 3 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, con entrada de balde. A edila de Maiores asegurou que dende o Concello de Narón quérese “promover unha mellora da calidade de vida dos nosos maiores, e esta é unha iniciativa máis para levala á práctica, exercitando a memoria e as habilidades sociais deste colectivo”, sinalou Mª del Carmen Espada ó respecto da actividade do Grupo de Teatro de Maiores. A obra está protagonizada polos seguintes actores: Marcelino Bermúdez, Francisco Graña, Luz Ramos, Margarita Area, Antonia Alvarez, e Alfonso Ramón. Trátase dunha adaptación da obra de Darío Fo, que narra as locuras que o ser humán é capaz de facer por amor e de cómo resolver os problemas da maneira máis absurda e casual. O Grupo de Teatro de Maiores leva todo este ano ensaiando a estrea teatral que terá lugar na tarde de mañá, e que servirá de broche final á clausura do programa de atención ás persoas maiores, pensado para mellorar as condicións de vida deste colectivo a través de actividades coma o teatro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal