Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN ÓS PARTICIPANTES NO 20º FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLÓRE
Se celebra o sábado a partires das 21:00 horas, coa participación de Indonesia, Martinica, Senegal, Albacete e Galicia.
Narón, 16 de Xullo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, ofreceron hoxe unha recepción institucional ás parellas participantes no 20º Festival Internacional de Folclore que se celebra no marco das Festas de Verán de Narón 2010. Este festival terá lugar mañá sábado a partires das 21:00 horas, no paseo marítimo de Xuvia, e contará coa actuación de grupos de folclóre procedentes de Indonesia, Illa Martinica, Senegal, Albacete, e Galicia (representados no grupo “Alxibeira” de Narón). A continuación terá lugar unha sesión de Fogos Artificiais. Durante a recepción, o Alcalde entregoulles unha serie de presentes relacionados coa historia do municipio, e recibíu agasallos procedentes destos lugares. Ademáis, Jose Manuel Blanco adicoulles unhas palabras dándolles a benvida a Narón e agardando “que disfrutedes enormemente. Para nos é un places tervos aquí, porque esta unión de pobos significa variedade e cultura e nos vai enriquecer a todos”, comentou. O Alcalde de Narón confirmou tamén a intención do Concello de continuar celebrando este intercambio cultural en vindeiros anos, e que nesta ocasión cumpre xa a súa 20º edición.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal