Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA 70 ORDENADORES EN LOCAIS SOCIAIS DA ZONA RURAL PARA CREAR AULAS DE INFORMÁTICA
Habilitarase unha aula en cada asociación, dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón e as entidades sociais da zona rural (das parroquias de Doso, A Pombiña, O Val, San Mateo, Sedes, Castro e San Xiao) asinaron hoxe un convenio de colaboración para a organización de aulas de informática e cesión gratuita de equipos informáticos para o mesmo fin. En virtude deste acordo, o Concello cederá de xeito gratuito un total de 70 ordenadores portátiles e 7 impresoras para habilitar as aulas, que estarán instaladas nos locais sociais municipais desas parroquias. Crearanse así 7 aulas informáticas, e cada unha delas estará dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora. As asociacións serán as encargadas de establecer os horarios de apertura das mesmas, cuxo equipamento comenzará a instalarse a partires do vindeiro 20 de setembro. O goberno local ten previsto seguir instalando aulas de informática nas asociacións de veciños na zona urbana o vindeiro ano. Así o indicou o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen incidíu na importancia de seguir apostando polas novas tecnoloxías e resaltou que o investimento realizado polo Concello para levar a cabo esta actuación ascedeu a 89.000 euros. Os presidentes das asociacións na zona rural nas que se instalarán os equipos asinaron hoxe o convenio co Concello. A relación de entidades é a seguinte: -AVV “A Naveira” de Doso (Eugenio Carballeira López) -AVV San Mateo (José Fernández Hermida) -AVV “Os Irmandiños” de O Val (Marcelino Montero López) -AVV Rosa dos Ventos” de Sedes (Nicolás Vellón Amado) -AVV “Os Cruceiros” de Castro (Eva Bogo Saavedra) -AVV “Ceibe” de San Xiao (Enrique Cao Lago) -Asociación “A Pombiña” de Pedroso (Javier Carrasco Solera) A Concelleira de Participación Cidadá, Natalia Hermida, destacou a importancia deste proxecto que vai a permitir o acceso ás novas tecnoloxías da información por parte dos veciños e veciñas de Narón. “Este é un paso máis no que está a traballar o Concello, para que nun futuro próximo póidase achegar a administración electrónica a tódolos cidadáns”, indicou a Edila.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal