Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO O I CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA
Os textos deberán gravarse en vídeo ou audio, e se colgarán na páxina web do Concello.
Narón, 13 de setembro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Cultura, ven de poñer en marcha o I Concurso de Monólogos "Que me dis!!". O concurso ten como obxectivo a promoción da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, para o cal os participantes deberán gravar os seus monólogos, tanto en formato vídeo coma audio. Unha vez recibidos polo Concello, serán colgados na páxina web municipal. As únicas condicións para poder participar son que os monólogos estean realizados en lingua galega e en clave humorística. Os premios consistirán en un ordenador portátil, unha cámara fotográfica dixital e un MP4. O Concello pon a disposición pública o Servizo de Normalización Lingüística para despexar calqueira dúbida sobre este concurso. Os teléfonos son os seguintes: 981337700 (extensión 1516) ou 607223794 (Adela). Tamén poden consultarse as bases do concurso na propia web, nun banner situado na parte dereita da portada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal