Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Narón xa dispón dun Fondo Social para atender necesidades cidadás urxentes
O Concello de Narón dispón dende este mes de maio dun Fondo de carácter social adicado á atención de necesidades urxentes dos cidadáns por mor da subasta dunha propiedade doada ao Concello pola viuva de Don Juan Ramos, Guanda Dayli Ramos de Pena. O fondo dótase inicialmente de 150.402€. A finca, situada en San Mateo foi subastada polo Concello coa intención de adicar o diñeiro resultante da puxa a obra social, pois tal era a intención da doazón inicial e o desexo da familia. Tra-la apertura das plicas do concurso público de subasta, a propiedad (unha finca pechada de 3.000 metros cadrados cunha casa e inmobles anexos), foi adxudicada á emprea Energía Solar Gallega S.L. por un total de 162.000€, 18.000€ máis que o prezo inicial de saida, fixado polo concello en 144.000€. O alcalde de Narón, Juan Gato, sinalou que este novo fondo económico social verase ampliado nun futuro próximo con variadas aportacións para poder dispor de un mecanismo que faga posible axudas sociais que non poden estar suxeitas á demora adminstirativa pública.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal