Se estrea este fin de semana no Pazo da Cultura de Narón.
Narón, 15 de Setembro de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá este fin de semana a estrea da obra teatral “Casting (a comedia)” da compañía Lagarta Lagarta. As funcións se representarán o venres día 17 (ás 20:30 horas) e o sábado día 18 (ás 20:00 horas), e as entradas poderán mercarse nas taquillas do Pazo ó prezo de 8 euros. A obra ten unha duración de 1 hora e 40 minutos, e está recomendada para maiores de 14 anos.
O estreno de esta obra en Narón foi presentado hoxe en rolda de prensa polos seus protagonistas, os actores Ernesto Chao e Alberto Rolán, e as actrices María Bouzas, Belén Constenla e Rocío González, xunto coa directora da obra, Rosa Alvarez. Acompañándoos estivo o director do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, quen agradeceu á compañía Lagarta Lagarta o feito de estrear unha obra coma esta en Narón. “Para o Concello de Narón é un honor que esta compañía teatral elixa a nosa cidade, e o noso auditorio, para levar a cabo o estreno do seu último espectáculo”, comentou.
Pola súa banda, Ernesto Chao, actor e productor de “Casting”, agradeceu ó Concello de Narón as facilidades que tenlles dado dende sempre ás compañías teatrais para poder desenvolver os seus espectáculos nesta cidade.
“Casting” é unha comedia repleta de humor, delicadeza e sinceridade para que o público ría, se identifique e se emocione. Para que poidan pensar nas súas propias vidas, nas súas decisións e desexos dunha maneira divertida, tal e como a define a compañía Lagarta Lagarta.
“Buscamos o riso liberador para espíritos liberados con personaxes ricos, entrañables e intensos e cun punto de locura. O noso mellor Casting será pasar a proba do público”, declarou a directora da obra, Rosa Alvarez.
Logo de estrenar en Narón, Lagarta Lagarta realizará unha xira coa obra “Casting” que lles levará a outras cidades galegas ata finais de ano.
Para máis información, pódese consultar o seguinte enderezo:
http://lagartalagarta.blogspot.com