Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXITO DE PARTICIPACIÓN NO DÍA DA BICICLETA DE NARÓN
Participaron case 2.000 deportistas de tódalas idades. A carreira estivo organizada polo Concello de Narón e Radio Voz.
Narón, 27 de setembro de 2010.- O paseo marítimo de Xuvia reuníu na mañá do domingo 26 de setembro a perto de dous millares de deportistas de tódalas idades, dispostos a participar no Dia da Bicicleta de Narón. A convocatoria estivo organizada pola emisora Radio Voz, o diario La Voz de Galicia, e o Padroado de Deportes de Narón. En representación deste organismo estivo a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, quen percorreu os 12 kilómetros da marcha. Participantes de tódalas idades (dende 2 anos ata máis de 80) iniciaron o percorrido no paseo marítimo de Xuvia, e dende ahí circularon ó longo da Estrada de Castela ata chegar ó Pazo da Cultura, onde agrupáronse de novo. Unha vez ahí, continuaron o percorrido pola zona da Gándara, para bordear a rotonda da Ponte das Cabras, e enfilar a recta final ó longo da Estrada de Castela. Finalizada a marcha, os participantes recibiron un refrixerio e participaron no sorteo de agasallos, entre eles un vehículo a pedales e dúas bicicletas. Entre os encargados de repartir os premios estiveron o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín, e a Concelleira de Deportes e Mocidade, Natalia Hermida. O equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) foron os encargados de supervisar o percorrido da marcha, na que tamén colaborou o Moto Club Fojeteiros, de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal