Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE FORMACIÓN "CAMIÑO DE EMPREGO"
Se desenvolverá nos vindeiros tres meses, cun total de 10 cursos de formación para desempregados.
Narón, 27 de setembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, Jose Luis Suárez, presentaron hoxe na Nave de Formación “Irmáns Froilaz” (A Gándara) o programa de formación “Camiño de emprego”; que desenvolverá o Concello de Narón en colaboración coa Fundación Caixa Galicia nos vindeiros 3 meses. Así, dende outubro ata decembro de 2010 se levarán a cabo seminarios de carpintería de madeira, fabricación mecánica de estructuras metálicas, iniciación á carpintería xeral, construccións metálicas, limpeza de edificios comerciais e industriais, electricista de edificios, hostalería, e televenda. Ademáis, se ofrecerá formación na prevención de riscos laborais, primeiros auxilios, e manipulación de alimentos. O Concello tamén desenvolverá cursos de alfabetización dixital, e desenvolvemento de aplicacións informática, estos últimos dirixidos especialmente ós veciños/as en xeral. O orzamento total destos cursos ascende a máis de 60.000 euros, que servirán para dar formación a casi 400 alumnos, nas 1.700 horas lectivas destos cursos. O índice de inserción laboral dos cursos de formación municipal ven sendo nos últimos anos superior ó 50% , segundo indicou o Alcalde de Narón. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, indicou tamén que a Xunta de Galicia aínda non ten concedido novos cursos de formación en Narón, a pesares de estar solicitados. Nestos momentos, estanse a desenvolver tres seminarios en colaboración coa administración autonómica, os correspondentes a electronicista, soldador, e electricista de edificios.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal