Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO 2º NÚMERO DA REVISTA "DAMEUNTOKE" DIRIXIDA Á XUVENTUDE DE NARÓN
A Concellería de Mocidade tamén difunde información a través das redes sociais Facebook, Twitter, Youtube, e proximamente Tuenti.
Narón, 1 de Outubro de 2010.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o segundo número da revista gratuita Dameuntoke, dirixida á xuventude de Narón e que se repartirá en Institutos e edificios públicos (Pazo da Cultura, Biblioteca, e Casa da Mocidade). O Concello ten editados 1.000 exemplares desta publicación, de carácter trimestral. Esta edición combina información sobre música, ocio, Internet, e recursos para a mocidade. Así, inclúe unha entrevista a un profesor da Escola de Música Moderna de Narón, un resumo do que foi o Encontro Local da Mocidade (8ª edición), e información práctica sobre as normas de comportamento na Internet, obradoiros de prevención en drogodependencia e sexualidade, entre outras cuestións. Neste 2º número da revista estreáse ademáis unha sección nova chamada “O descodificador” na que se lle da voz a un coñecido grafitteiro residente en Narón. Pero ademáis, a Concellería de Mocidade está a mellorar a comunicación coa xuventude de Narón a través das redes sociais de Facebook, Twitter e Youtube. “Somos conscientes de que cada vez máis xente emprega as redes sociais para informarse, e por iso a Concellería de Mocidade abriu fai xa un ano o seu propio perfil en Facebook, acadando a día de hoxe a cifra de 1.340 amigos”, explicou Natalia Hermida. Os seguidores destas redes demandan información principalmente relacionada co traballo, a vivenda e as actividades dirixidas á mocidade de Narón. Esta ferramenta de comunicación permite á Concellería de Mocidade estar en contacto directo e diario coa xuventude do municipio, respostando ás súas preguntas, necesidades e dúbidas. Pero ademáis, o proxecto Dameuntoke tamén mantén operativo o seu perfil en Twitter, que conta con 24 seguidores e Youtube, espazo onde se veñen de publicar os vídeos do Oitavo Encontro Local de Mocidade de Narón. De agora en adiante, Dameuntoke Narón tamén creará o seu canal propio na rede social Tuenti, co obxectivo de mellorar a comunicación e o contacto cos máis novos. Con esta última entrada, compretarase a inclusión da Concellería de Mocidade nas redes sociais. Ademáis, a Concellería de Mocidade mantén operativa a páxina web Dameuntoke, que ten acadada a cifra de 6.250 visitas durante os últimos cinco meses. “Temos constatado que a maioría dos internautas proceden de Narón, Ferrolterra e a provincia de A Coruña e demandan información sobre temas como o emprego, a vivenda, a cultural, o ocio, o deporte, a educación dixital e o medioambiente”, explicou Natalia Hermida. Nestos cinco meses fíxose un esforzo importante, dende a Concellería de Mocidade, por actualizar a información sobre estos temas, chegando a publicar unha media aproximada de 120 novas dende maio ata hoxe.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal