Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTRA EN VIGOR A ORDENANZA QUE PROHIBE EXPOÑER VEHÍCULOS NA VÍA PÚBLICA PARA A SÚA VENDA. A POLICÍA LOCAL SANCIONARÁ ÓS PROPIETARIOS QUE INCUMPLAN ESTA NORMA
Narón, 2 de Outubro de 2010.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado 29 de setembro a “Ordenanza Xeral Municipal sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial do Concello de Narón”, que inclúe un novo artículo que prohibe a exposición e venta de vehículos na vía pública. Con anterioridade, foi aprobada polo Pleno do Concello de Narón o pasado 24 de xuño de 2010. A nova norma está recollida no artigo 33 (apartado o) da citada ordenanza e pode consultarse na páxina web da Policía Local de Narón (http://policia.naron.es/). En concreto, o texto prohibe o estacionamento de vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venda na vía pública. Considerarase que están nesta situación cando permanezan con carteis anunciadores e durante un tempo superior ás 24 horas nas vías públicas. A Policía Local actuará nestos casos cando teña detectada a presenza deste tipo de vehículos durante máis de un día na mesma situación, procedendo a sancionar económicamente ó seu propietario. A multa está considerada coma unha infracción leve, cun coste de 90 euros para o seu destinatario, que poderá ser sancionado reiteradamente, ata que retire o vehículo da vía pública. A Deputación Provincial da Coruña será a encargada de tramitar as multas.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es