Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ A ESTREA DE "MEMORIA DE HELENA E MARÍA"
A obra, orixinal de Teatro do Atlántico, se representa o venres 8 e sábado 9 de outubro.
Narón, 7 de Outubro de 2010.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o vindeiro fin de semana (venres 8 ás 20:30 horas e sábado 9 ás 20:00) a estrea da obra “Memoria de Helena e María” a cargo da compañía Teatro do Atlántico. A temática intimista deste texto fai necesaria a súa representación nun espazo pequeno onde funcione axeitadamente a comunicación entre as protagonistas e os espectadores. “Pedimos ó Concello poder estrear no Auditorio en lugar de facelo no Pazo da Cultura, porque o noso é un espectáculo íntimo, moi denso e cunha comunicación enorme co público. Este argumento demanda un contacto intenso cos espectadores”, declarou o director da obra, Xulio Lago. O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa esta estrea teatral, que fai a 4ª consecutiva dentro da programación de Outono do Concello de Narón. “É unha ledicia traballar sempre a prol do teatro”, declarou o edil. O director de “Memoria de Helena e María” alabou o apoio do Concello de Narón e do Padroado de Cultura no desenvolvemento da programación cultural deste municipio, salientando que nesta cidade sempre poden verse as derradeiras obras que están a xirar por toda Galicia e mesmo por España. “Memoria de Helena e María” está protagonizada polas actrices Lucía Regueiro e María Barcala. Esta última compareceu na rolda de prensa de hoxe, onde declarou que a obra “é unha historia de amor e de guerra, ambientada na postguerra e baseada en persoaxes que existiron de verdade”, declarou Barcala. O texto é orixinal de Roberto Salgueiro, premio Abrente 2006.
Descarga de archivos
Dossier da obra "Memoria de Helena e María"
Tamaño:550,56 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal