Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A 19ª EDICIÓN DO CICLO 'TEMPO DE MÚSICA' COMENZA O DOMINGO 10 DE OUTUBRO
As actuacións musicais terá lugar os domingos no Local Social de A Picota, en O Couto, a partires das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Narón, 7 de Outubro de 2010.- A Asociación de Veciños de O Couto iniciará o vindeiro domingo 10 de outubro a 19ª edición do Ciclo “Tempo de Música” quw se desenvolverá durante 6 domingos consecutivos no Local Social de “A Picota” (O Couto) a partes das 18:00 horas, con entrada de balde. Nesta edición, o programa de actuacións recortouse con respecto a anos anteriores, debido á crise económica, o que motivou a reducción de 10 a 6 actuacións con respecto ó ano pasado. Aínda así, o ciclo Tempo de Música incluirá este ano diversos xéneros musicais –non só corais- coma a zarzuela ou a lírica. O presidente da AVV de O Couto, Anselmo Beceiro, lembrou que este ciclo musical se iniciou no ano 1992, sendo presidenta da AVV de O Couto Ana López Braxe. Acompañándoo estivo o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicando que o Concello patrocina este ciclo musical, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Federación Coral Galega. O programa de Tempo de Música é o seguinte: -Domingo 10 de outubro: “Concierto de Zarzuela”. Coral Sociedad Gaiteira (A Coruña) -Domingo 17 de outubro: “Grupo amigo del acordeón do Salnés”, Antonio Miniño con “Canción lírica Española” e Dúo de Acordeones “Rías Baixas”. -Domingo 24 de outubro: “Coro diapasón” de Ferrol, e “Coro de mulleres Celeuma” de Narón. -Domingo 31 de outubro: “Coral de mulleres de Vilaboa” de Culleredo, e “Coral Liceo de Noia” de Noia. -Domingo 7 de novembro: “Coral Polifónica de Santa Icía” de Ferrol e “Asociación Cultural ‘Lembranzas de Marín” de Pontevedra. -Domingo 14 de novembro: “Xoven Banda de Narón” de Narón e “Coral Amistade da AVV de O Couto” de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal